CAPELA DE SAN SALVADOR DA BAÑA

Relixioso
540

Localización

Parroquia: A Baña (San Vicenzo)

Lugar: San Salvador

15863  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 06.3" N - 8º 46' 09.5" W

Descrición

De estilo neoclásico con escasa decoración, a construción da capela podería situarse no S XVIII. É de planta rectangular, que abarca a capela maior e a nave, e con tellado a dúas augas con tella do país. A fachada principal é de forma pentagonal, coa porta con lintel no centro e unha pequena fiestra rectangular máis arriba. No extremo superior sitúase a espadana sobre unha cornixa, onde se pode ver un arco de medio punto que alberga a campá; Encima desta, sobre outra cornixa, sobresae outra cruz de pedra. 

Acceso

Dende San Vicente saímos pola rúa das Dores e continuamos á dereita pola rúa López Díaz cara Vesía. Ao pasar este núcleo xiramos á dereita e nuns 400 m atopamos a capela a carón da estrada ao lado dereito.

Estilos

Neoclásico
Arriba