IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOVO DE CORNEIRA

Relixioso
508

Localización

Parroquia: Corneira (San Cristovo)

Lugar: Agromaior

15863  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 20.1" N - 8º 48' 38.5" W

Descrición

Foi construída no terceiro terzo do S XVIII, aínda que posteriormente acometéronse diversas modificacións como a construción da capela maior no XIX. Na fachada principal atopamos a porta con lintel, a figura do patrón aloxada nunha fornela e unha pequena fiestra circular. Sobresae a espadana, que contén dous arcos de medio punto con cadansúa campa, cornixa embaixo e enriba deste conxunto, e remata en forma triangular, con un pináculo en cada vértice mais unha cruz central. 

Acceso

Dende San Vicente da Baña collemos pola rúa Castiñeiras, nuns 700 m xiramos á dereita cara O Castro, onde pasamos bordeando o cemiterio parroquial sen desviarnos para, 1 Km máis adiante, xirar á dereita cara a Paraxó. Ao chegar á estrada AC-546 collemos á dereita en dirección A Pereira/Muxía e nuns 2’5 Km, en Ponte Corneira, xiraremos á dereita para chegar a Agromaior onde está a igrexa.

Estilos

Neoclásico
Arriba