PAZO DE LUBRE

Civil
930

Localización

Parroquia: Ares (San Xosé)

Lugar: Lubre

15624  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 01.0" N - 8º 15' 10.0" W

Descrición

Pazo que continúa habitado por descendentes dos primeiros donos (Aniño e Solloso). Pegada á parte destinada a vivenda atópase unha construción adjetiva con funcións de alpendre. Planta rectangular. Carente de decoración. Interesante fachada principal con escudos sobre unha das ventás inferiores. Nun deles pódense apreciar, nos tres cuarteis do brasón, as liñaxes de "Lago", "Tenreiro" e "Piñeiro". No outro escudo é difícil a súa identificación. Fachada caleada deixando a pedra á vista en esquinais e marcos de vans en cantería. Na entrada hai embutidas dúas pedras, unha con forma triangular e outra rectangular cunha figura labrada. Cuberta a dúas augas de tella curva.

Acceso

Dende Ares tomar a estrada de Ares-Chanteiro, despois de percorrer 1 km, tomar un desvío cara á esquerda e a uns 300 m está o pazo.
Arriba