CASTRO DA TORRE

Depósitos arqueolóxicos
1999

Localización

Parroquia: Folgoso do Courel (Santa María)

Lugar: Sobredo

27325  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 04.9" N - 7º 11' 04.9" W

Descrición

Comezado a construír no século I d.C. sobre un esporón de lousa que se eleva 300 m. sobre a beira dereita do río Lor. Mide 150 por 45 m nos seus eixes maiores, e está delimitado por unha muralla e un gran foxo no seu extremo NW. Este foxo mide 120 m de longo, ten un fondo de 16 m e un ancho que varía entre os 5 e 20 m. O poboado está conformado por dous recintos dispostos en liña ao longo do esporón rochoso. Hai tamén un curioso depósito de auga escavado na roca viva.

Acceso

Dende a capital municipal, Folgoso, tomase a estrada LU-651 cara Seoane. Cerca do kilómetro 30 da LU-651 tomamos o desvío Sobredo/Seceda. A 2 km atopamos a sinalización do castro.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Patrimonio cultural Depósitos arqueolóxicos Cultura castrexa (castros, citanias)
Arriba
Axúdanos a mellorar!