FESTA DA VENDIMA DE LEIRO

Festas de interese turístico
1285
Datas de celebración: 30/08 - 30/08

Localización

Parroquia: Leiro (San Pedro)

Lugar: Leiro

32420  Leiro - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 09.7" N - 8º 07' 30.4" W

Descrición

A Festa da Vendima xorde no ano 1963 da man do concello e celébrase a partir do ano 2000 o último domingo de agosto. 
A vinculación do viño coa festa e a ledicia son tan antigas como o mesmo home e moito máis cando se trata dun bo viño de Leiro. Como dicía o bispo de Ourense en 1626: “os viños máis xenerosos son os das ribeiras do Avia, celebrados en toda a monarquía e moi solicitados en Flandres, Holanda e Inglaterra”. Por iso en Leiro, o viño se fai festa e a festa faise viño. Trátase dunha expresión da nosa cultura, a nosa arte e do noso xeito de ver e entender a vida. 
Durante todo o día, desde as 10:00 ata as 21:00 h, realízanse en Leiro diversidade de actividades para todo tipo de públicos: pregón levado a cabo por diversos persoeiros do mundo da política, cultura... o desfile de carrozas da vendima (acto principal), o xantar oficial e popular, actuacións musicais a cargo de gaiteiros, corais, orquestras, grupos folclóricos galegos...,concurso de acios de tinto e branco, o mercado artesanal, a Mostra de coches clásicos, a Mostra de Viños do Ribeiro e actividades infantís. 

Destacado: desfile e concurso de carrozas, Mostra de Viños do Ribeiro, Mercado artesanal e xantar popular no Salgueiral.

Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!