CAPELA DO SANTO ANXO OU DA VIRXE DOS AFLIXIDOS

Relixioso
515
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Dodro (Santa María)

Lugar: Lestrobe

15981  Dodro - A Coruña

Coordenadas:
42º 43' 58.7" N - 8º 39' 59.3" W

Descrición

Pertence ó Pazo de Lestrobe, localizada nun dos seus laterais. Ten como advocación o Anxo da Garda, gardándose no seu interior unha importante talla a tamaño natural da imaxe da  Virxe das Dores, obra de Manuel de Prado, de formas clásicas e harmónico contraposto, que se converteu en modelo iconográfico do neoclásico galego.  O arquitecto Pérez Monroy trazou os retablos da capela.
Ten bóveda de pedra con cornixa corrida, na súa fachada, ten un campanil que supera o beirado do tellado. Podía accederse directamente dende o antigo Palacio Arzobispal, agora Hotel-Monumento Pazo de Lestrobe.

Acceso

Dende a Casa do Concello na AC-305 (Pk 2,9) collemos a estrada con dirección Padrón e en Lestrobe atopamos o Hotel-Monumento Pazo de Lestrobe perfectamente sinalizado.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Neoclásico

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Arriba