PR-G 175 RUTA DO MONTE DE SAN XUSTO

Sendeirismo
794

Localización

Pontedeva - Ourense

Coordenadas:
42º 10' 31.7" N - 8º 08' 16.0" W

Descrición

Este carreiro mostra a exuberante natureza que rodea o río Deva e permite fermosas vistas sobre o río Miño. Ao ser un roteiro circular pódese iniciar en varios puntos, como a área de autocaravanas de O Valiño ou A Ponte Ballote, sendo aconsellable este último emprazamento xa que conecta tamén co roteiro PR-G 176.

Desde A Ponte Ballote, o roteiro descende xunto ao río Deva para alcanzar A Ponte do Cantiño e continúa ata A Ponte Trado, interesante construción medieval con probables orixes romanas. Despois comeza a subida cara a Trado. Un pouco máis arriba, atópase a área de autocaravanas de O Valiño.

O roteiro continúa cara ao Monte de San Xusto. Durante a ascensión visítase o miradoiro sobre o río Miño e a modesta e restaurada ermida de San Xusto, con mesas e bancos ao seu ao redor. A continuación a senda descende á aldea de Trado Pequeno e prosegue ata chegar á Ponte Ballote.

Acceso

Desde a estrada OU-410 de Cortegada a Ponche Barxas, no cruzamento xunto á ponte sobre o Deva, tomar a estrada cara á Ponte do  Cantiño. Seguindo a estrada antiga a Pontedeva alcánzase A Ponte Ballote.

Lonxitude

7,5 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Ponte Ballote (Concello de Pontedeva)
Punto de partida: A Ponte Ballote (Concello de Pontedeva)

Percorrido

A Ponte Ballote, A Ponte do Cantiño, A Ponte Trado, Trado, área de autocaravanas O Valiño, mirador, ermita de San Xusto, Trado Pequeno, A Ponte Ballote.

Dificultade

Baixa

Duración

2 horas e 40 minutos.

Conexións

Co PR-G 176.

Servizos

En Trado e, fora da ruta, en Aldea de Deva.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

225-III Cortegada

Máis información

Concello de Pontedeva
Tel.: 988 495 005
concello@pontedeva.es
www.pontedeva.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba