PR-G 184 RUTA DA LAGOA DA LUCENZA

Sendeirismo
942
No Camiño de Santiago

Localización

Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 31.6" N - 7º 05' 44.0" W

Descrición

Parte da aldea da Seara para ascender polo val do río Selmo. No camiño pasaremos pola fervenza de O Fócaro,

A ascensión alcanza a lagoa de orixe glaciar da Lucenza e continúa ata a Campa da Lucenza. A cota máxima do roteiro supera os 1.500 metros, polo que o clima é extremo, tanto no verán como no inverno. Na tempada invernal mesmo poderiamos atoparnos a senda baixo a neve. Aconséllase gozar deste carreiro na primavera e outono, con climas máis benignos e fermosas tonalidades nos montes.

Unha pista ancha discorre pola parte alta da serra, coincidindo co noso roteiro desde Campa da Lucenza ata as proximidades do Alto de Formigueiros. Aquí, a senda desvíase por un pequeno e antigo camiño para continuar descendendo polo val do río Forgas e, finalmente, retornar á poboación da Seara.

Acceso

Desde Ourense pola N-120 en dirección á comarca de Valdeorras. Saír en Quiroga e continuar pola LU-623 ata pasar Santa Cubicia. Continuar pola LU-5001 ata Cruz de Outeiro e logo pola LU-5004 ata A Seara.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Lonxitude

9,7 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Ponte na estrada da Seara (Concello de Quiroga)
Punto de partida: Ponte na estrada da Seara (Concello de Quiroga)

Percorrido

A Seara, Lagoa da Lucenza, Campa da Lucenza, A Seara.

Dificultade

Media

Duración

4 horas e media.

Material

Recoméndase botas de montaña, provisións e auga.

Servizos

Na Seara e, fora de ruta, en Quiroga.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

157-I Seoane do Courel, 157-III A Seara

Máis información

Concello de Quiroga
Tel.: 982 428 001
concellodequiroga.com

turismo.ribeirasacra.org

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!