CRUCEIRO DE SANTA UXÍA

Etnográfico
367
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Ézaro (Santa Uxía)

Lugar: Santa Uxía

15297  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 18.0" N - 9º 06' 15.0" W

Descrición

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado cunha mesa acaroada. O varal é circular comezando en cadrado. O capitel é cuadrangular con astrágalo circular soportando unha cruz circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza semella estar anoado cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe cos dedos das mans entrelazados sobre unha peaña cuadrangular. O cruceiro é todo de granito.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba