MUIÑOS E BATÁNS DO MOSQUETÍN

Etnográfico
2579

Localización

Parroquia: Salto (Santa María)

Lugar: O Mosquetín

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 14.0" N - 8º 59' 11.9" W

Descrición

O Mosquetín conserva á beira do río Grande tres batáns, uns aparellos hidráulicos que hoxe practicamente non se conservan en Galicia. Estes forman un fermoso conxunto con sete muíños recollidos ambos en dous edificios de planta rectangular situados entre o río e as canles.
Non se coñece a súa data de construción, no entanto sabemos que a mediados do século XVIII xa estaban en pé, xa que aparecen mencionados no Catastro de Ensenada (1753).
Os batáns eran unha referencia en toda a comarca para a xente que traía as mantas de lá a bater nos seus grandes mazos, as manlles.
Tralo abandono do conxunto a finais dos sesenta e a súa ruína, asociacións veciñais e culturais de toda a comarca loitaron pola recuperación do conxunto. Foi finalmente a Deputación da Coruña quen, en 1997 emprendeu a restauración dos edificios e da contorna onde hai un agradable parque de merendas.
Actualmente os muíños e batáns son visitables todos os días do ano e ademais é posible ver o seu funcionamento.
Arriba
Axúdanos a mellorar!