PAZO DE LIMIA

Civil
976
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilaza (San Salvador)

Lugar: Vilaza

32618  Monterrei - Ourense

Coordenadas:
41º 55' 46.9" N - 7º 29' 20.0" W

Descrición

Construción do século XIX, refeita sobre outra un pouco máis antiga.Toda a extensión de terreo do pazo está rodeado por un murallón baixo. Conta cun portalón de entrada coroado cun reloxo de sol. A súa fachada principal da paso a unha solaina con cuberta e a unha galería acristalada. Posúe unha interesante pedra de armas dos Limia rodeada de decoración barroca. Sobresae na cuberta unha cheminea de sección transversal trapezoidal. Sufriu moitas modificacións, actualmente está dividido e a súa forma aproxímase a un rectángulo cunha torre-castelo cadrada pegada no espazo norte do edificio.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!