MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO

Museos e coleccións
526

Localización

Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)

Praza Do Castelo 4

36450   Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 04' 51.1" N - 8º 29' 46.5" W

Descrición

O Castelo de Dona Urraca, cuxos orixes se remontan ao século  XI, acolle na actualidade, o Museo da Ciencia  do Viño  do Condado  do  Tea - D.O. Rías Baixas, un dos maiores espazos sobre viticultura e enoloxía da península, sendo, así mesmo, un dos máis interactivos do noso país. Non é, por tanto, unha galería ao uso, senón un impoñente despregamento de medios tecnolóxicos e didácticos, que permite ao visitante mergullarse nos seus contidos tan pronto se accede ao interior. Neste maxestoso enclave, os contidos museísticos distribúense ao longo das dúas plantas do edificio. Na planta principal o visitante poderá coñecer, a través dunha retrospectiva histórica, a arte milenaria da elaboración dos nosos viños. Na planta inferior recréanse dous ambientes diferenciados: unha adega tradicional e unha adega industrial. Un espazo cheo de lendas onde tradición e modernidade danse a man e no que habitaron grandes personaxes históricos. A través dunha serie de paneis, pantallas táctiles, vídeos, xogos de preguntas ou maquetas o turista ou visitante pode aprender, divertíndose ao mesmo tempo, acerca das diferentes Denominacións de Orixe que existen en Galicia, as enfermidades da uva, as variedades de uvas cultivadas, os sistemas de plantación, as técnicas de enxerto utilizadas, os labores de poda ou os diferentes procesos de elaboración dos nosos viños brancos, tintos e espumoso.

Data de recollida inicial: 12/04/2021
Arriba