FERVENZA DE FÉRVEDA

Fervenzas
141
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Escuadro (San Salvador)

Silleda - Pontevedra

Coordenadas:
42º 40' 23.4" N - 8º 19' 06.7" W

Descrición

Dende Silleda colleremos a estrada que vai a Escuadro e seguiremos en dirección a Outeiro e Férveda. Despois, nun cruce de varios camiños que remontan o río, iremos polo de arriba aproximadamente durante 300 m. Para baixar ao río hai que seguir pola esquerda a levada que baixa dende os prados. Tamén hai unha ruta de sendeirismo que nos leva ata o salto de auga (Ruta da Fervenza de Férveda).  O acceso non ofrece dificultade malia que a ruta non está sinalizada. É apta para facer con nenos. No rio Escuadro, afluente do Toxa -á sua vez do Deza-.Na parte alta o río chámase río da Férveda e discorre por un estreito val entre rochas graníticas. Nel fórmanse varias fervenzas con caídas de diferentes alturas, sendo a máis interesante a que salta un desnivel de 10 m. 

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!