FERVENZA DE GOSOLFRE

Fervenzas
378
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Chacín (Santa Baia)

Lugar: Gosolfre

Mazaricos - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 21.5" N - 8º 56' 55.3" W

Descrición

Poderemos ver esta fervenza facendo a Ruta das fervenzas do concello de Mazaricos. Chegaremos a ela dende os campos de cultivo da aldea de Gosolfre, baixando ata as ribeiras dos ríos de San Paio e Santa Locaia, que corren cara á ría de Noia.

Unha pendente pronunciada a través dunha frondosa carballeira levaranos ata a fervenza . Arredor de nós só escoitaremos os sons do bosque e da caída da auga. Atravesaremos unha ponte rudimentaria feita de paus e seguiremos o descenso do río pola súa marxe dereita.

A primeira fervenza que vemos é un tobogán de auga moi vertical que vai horadado na pedra. Por baixo dese tobogán, atopámonos outra fervenza duns 3 metros de altura, dividida en dúas pola roca que hai no medio. Agora a senda traza un círculo que nos afasta do leito do río e que nos leva a unha das fervenzas máis impresionantes, rodeada dun mesto bosque onde a luz non penetra.

Esta fervenza terá entre 15 e 20 metros de altura e cae formando unha poza bastante grande.

IMPORTANTE: o carreiro para baixar á beira da poza ten bastante pendente, polo que hai que ter moita precaución para non caer. 

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba