CAPELA DE SAN BLAS

Relixioso
480

Localización

Parroquia: Darbo (Santa María)

Lugar: A Madalena

Rúa San Blas s/n

36949  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 17' 01.6" N - 8º 47' 01.3" W

Descrición

Tamén coñecida como capela de Santa Magdalena, trátase dunha construción do S. XII dunha soa nave e de ábsida rectangular. Ten unha porta con lintel no muro meridional e outra no occidental cun tímpano. A ábsida contempla un único elemento decorativo, un carneiro e sobre el unha cruz de círculo central. O beirado é soportado por canzorros románicos simples e rematados con dous carneiros.
Esta igrexa tamén serviu durante séculos como punto de peregrinación daqueles que padecían o mal da lepra. A causa da súa deterioración, no ano 1598, o arcebispo Don Juan de San Clemente mandouna derrubar, sendo despois reedificada no S. XVII. Consérvase afortunadamente sobre o piñón testeiro da ábsida o «Agnus Dei», que nos lembra a súa orixe medieval. Erradicada a epidemia da lepra, esta ermida dedícase a San Blas. O ritual que se fai a quen acode a este santo consiste en poñerlle dous cirios cruzados sobre a cabeza e tocarlle con eles a garganta. Este santo represéntase portando nunha man os dous cirios cruzados e na outra un peite de ferro xunto co neno que salvou ou en ocasións cun porco. A súa festividade celébrase o 3 de febreiro.

Acceso

Saír do núcleo urbano pola PO-551 dirección Bueu, seguir por esta estrada 3,2 km, logo desviarse a dereita pola Rúa de San Blas/EP-1001, despois de 300 chégase á capela situada na marxe esquerda.

Estilos

Románico
Arriba