CAPELA DE SAN COSME E SAN DAMIÁN

Relixioso
544

Localización

Parroquia: Coiro (San Salvador)

Lugar: A Parada

36947  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 17' 52.5" N - 8º 46' 54.3" W

Descrición

Situada na zona de Parada, na mesma estrada que nos leva a Bueu pola zona de Portela. Realizada no ano 1708 cun marcado estilo barroco, dunha soa nave rectangular. É de modestas dimensións orientada ó Leste, de planta rectangular e sen presbiterio diferenciado. A nave cóbrese con un teito de madeira, pero o altar maior, ó que se accede por un gran arco triunfal semicircular, está cuberta por bóveda de canón. Conta cunha modesta entrada principal baixo arco semicircular, e unha porta lateral no muro setentrional, así como varios vanos para iluminación interior. Na fachada sobre a porta vemos, ademais dunha sinxela espadana, o relevo dun gran escudo de armas dividido en dous cuarteis, cos brasóns dos vínculos familiares do promotor, neste caso, os Ramírez Montejano, construída pola súa advocación a San Cosme.
A festa destes dous santos celebrase o 26 de setembro e son os patróns dos médicos e boticarios respectivamente, sendo representado San Cosme cunha vaixela de vidro e Damián cun  instrumental de botica dentro dunha caixa.  

Acceso

Saír do núcleo urbano pola PO-515 dirección Bueu, seguir por esta estrada 5 km, logo desviarse a dereita pola rúa Alto da Portela ata o cruce coa rúa Camiño de San Cosme onde se atopa a capela.

Estilos

Barroco
Arriba