MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO (MARCO)

Museos e coleccións
1249
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Príncipe 54

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 09.2" N - 8º 43' 15.8" W

Descrición

As exposicións temporais, dedicadas á produción artística recente nos máis variados ámbitos creativos (artes plásticas, arquitectura ou deseño), son a actividade principal na que se basea a programación do centro. Na súa maioría son exposicións temáticas e colectivas, de produción propia, e de ámbito autonómico, nacional e internacional. En torno a elas articúlase toda unha programación estable de actividades paralelas: ciclos audiovisuais de cine, documental e vídeo, mesas redondas, conferencias, seminarios, obradoiros e concertos. Desenvólvese tamén un amplo programa de propostas educativas do “Laboratorio das Artes”, encamiñado á formación de novos públicos: nenos, mozos, adultos ou profesionais. Outras propostas salientables son as exposicións desenvolvidas na Sala de Proxectos (promoción de artistas emerxentes) e o Centro de Documentación, con biblioteca-mediateca-hemeroteca especializada en arte, deseño e arquitectura actual.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Cafetería
Restaurante
Tenda
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!