IGREXA DE SAN PEDRO DE FLARIZ

Relixioso
494
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Infesta (San Vicenzo)

32618  Monterrei - Ourense

Coordenadas:
41º 55' 39.6" N - 7º 33' 28.3" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco compostelán. Construída entre 1735 e 1779. Recíbenos unha fachada tipo retablo sobre a que se asenta unha esvelta torre, levantada tomando como modelo a torre do reloxo da catedral de Santiago de Compostela. Ten unha planta de cruz latina, destacando un ciborio no centro. No interior resalta o retablo do século XVIII no altar maior e tamén unha gran pila bautismal, tallada en granito, ó carón da porta principal.
No adro da igrexa podemos apreciar restos de cruceiros que formaban parte dun calvario.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Barroco
Arriba