IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE LAMAS

Relixioso
948

Localización

Parroquia: Lamas (Santa María)

Lugar: Lamas

15851  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 59.9" N - 8º 55' 57.9" W

Descrición

Construída no s. XVIII, pero conserva restos dunha construción do s. XVI.. Ten nave de planta rectangular, muros de cachotaría e cadeirado graníticas, cuberta a dúas augas con tellado de tella. A fachada, de placas graníticas, ten unha porta alintelada, unha fornela coa imaxe da Virxe e unha ventá rectangular. Sancristía pegada a un dos laterais da nave. Espadaña dun corpo e dous vans, enmarcados por arcos de medio punto, coroada por un pináculo e unha cruz.
Ten varios retablos, un deles do escultor Ignacio Martínez, e imaxes no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada cara a Ponteceso. Despois do lugar de Ás Pereiras xírase á esquerda ata Lamas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!