CAPELA DE RÍO PEDROSO

Relixioso
858
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Laxe (San Xoán)

Lugar: Río Pedroso

27512  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 42.0" N - 7º 49' 37.9" W

Descrición

Edificio de planta rectangular e de pequenas dimensións, con muros de cachotería e cantería de granito, e cuberta a dúas augas.
Esta capela pertenceu á denominada Casa do Fidalgo, hoxe en ruínas.
Conserva no seu interior un retablo de estilo barroco.

Acceso

En Chantada tomar a estrada LU-213 en dirección Lalín-Santiago. A 3 km aproximadamente desviarse á esquerda pola LU-P-1002.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!