CAPELA DE SOILÁN

Relixioso
858
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pesqueiras (Santa María)

Lugar: Soilán

27516  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 30.5" N - 7º 44' 10.0" W

Descrición

Edificio de planta rectangular con muros de cachotería e cantería de granito e lousa, e cuberta a dúas augas. Polas súas características non se pode deducir a súa cronoloxía.
Conserva un retablo de trazado neoclásico e ornamentación barroca, con tres fornelas de vieira na parte baixa e unha no remate, realizado posiblemente no século XVIII.

Acceso

Saír de Chantada pola N- 540 en dirección Lugo. A 500 m tomar un desvío á dereita pola LU-P-1802 e a 1,8 km desviarse, novamente, á dereita pola LU-P-1811.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba