IGREXA PARROQUIAL DE SAN XILLAO DE ESMORIZ

Relixioso
No Camiño de Santiago
118

Localización

Parroquia: Esmoriz (San Xillao)

Lugar: Esmoriz

27513  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 42.0" N - 7º 51' 55.0" W

Descrición

Edificio construído no século XVIII, con nave de planta rectangular, presbiterio cadrado e sancristía apegada ao muro esquerdo rectangular.
Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas e tres augas. O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de medio punto e imposta. O frontispicio culmínase cun sinxelo campanil. No seu interior conserva tres retablos, o maior de estilo barroco, o dereito combinación de barroco e neoclásico, e un pequeno retablo na sancristía, de estilo barroco.

Acceso

Saír de Chantada pola estrada LU-P-1807. A 1 km aproximadamente desviarse á dereita pola LU-P-1805.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 14/12/2017
Arriba