IGREXA PARROQUIAL DE SAN XILLAO DE O MATO

Relixioso
No Camiño de Santiago
89

Localización

Parroquia: O Mato (San Xillao)

Lugar: A Carballeira

27512  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 20.0" N - 7º 49' 00.9" W

Descrición

Edificio construído no ano 1871, tal e como reza nunha inscrición do lintel da porta da fachada: NO ANO 1871 FÍXOSE ESTA OBRA SENDO CURA ECÓNOMO D. VICENTE VARELA NATURAL DESTA PARRQ.
O retablo da capela maior é de estilo pseudogótico, o dereito neoclásico, e o esquerdo barroco.

Acceso

Saír de Chantada pola estrada LU-P-1807. A 1 km aproximadamente desviarse á dereita pola LU-P-1805.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 14/12/2017
Arriba