IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE VEIGA

Relixioso
No Camiño de Santiago
153

Localización

Parroquia: Veiga (San Xoán)

Lugar: Veiga

27595  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 38' 13.9" N - 7º 46' 47.9" W

Descrición

Edificio de planta rectangular con falsa bóveda de barrotillo.
Na cabeceira, o presbiterio delimítase cun arco de medio punto, e na parte anterior deste hai un tabique que delimita a sancristía, de planta rectangular e con dúas portas de acceso.
Os muros son de cachotería e cantería de granito. A nave ten dúas portadas de acceso, a principal e unha lateral no muro esquerdo, ambas as dúas con lintel. No interior a nave divídese en dous tramos por medio dun arco faixón.
O frontispicio remátase cunha espadana sinxela de dous vans.
Consérvase no interior un só retablo, o do altar maior, de estilo neoclásico.

Acceso

Saír de Chantada pola estrada LU-P-1809 en dirección Antas de Ulla. A 3,7 km aproximadamente coller o desvío á dereita pola LU-P-1806.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 14/12/2017
Arriba