IGREXA PARROQUIAL DE SANTA CRUZ DE VIANA

Relixioso
809
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Cruz de Viana (Santa Cruz)

Lugar: Santa Cruz

27519  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 44.9" N - 7º 50' 33.0" W

Descrición

Edificio reedificado no século XVIII sobre a primitiva igrexa, de estilo románico. Planta de nave rectangular con presbiterio cadrado. No muro dereito ten apegada unha pequena sancristía de planta cadrada e a capela do Corpo Santo. Os muros son de cachotería e cantería de granito, con cuberta a dúas e tres augas. O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de medio punto con arquivolta dobrada de sección prismática, columnas apegadas nunha orde e capiteis historiados, de estilo románico, ao igual que os canzorros que se conservan no exterior da ábsida. A capela do Corpo Santo data de 1700 e nela consérvase un templete de estípites do século XVIII, cunha inscrición: "VAI. S.º DE DEUS FR. MIGUEL GONZALEZ DA ORDE DE PREDICADORES Y COMP.º DE S. TELMO, ANO DE 1853".

Acceso

Saír de Chantada pola estrada LU-P-1807. A 7 km aproximadamente coller o desvío á dereita pola LU-P-1816.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!