IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE BERMÚN

Relixioso
No Camiño de Santiago
222

Localización

Parroquia: Bermún (Santa María)

Lugar: Bermún de Abaixo

27513  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 43.9" N - 7º 52' 39.9" W

Descrición

Edificio do século XII que se conserva íntegro, a excepción de reformas barrocas na fronte, e a sancristía. Planta rectangular, con presbiterio da mesma forma, ao que se anexa a sancristía. Ten muros de cachotería e cantería de granito, con cuberta a dúas e tres augas. Á nave accédese dende unha portada principal con arco de medio punto, arquivolta de baquetón con escocias, gornición de axadrezado, imposta lisa, columnas acobadadas, capiteis con decoración zoomorfa e vexetal, ademais dun tímpano sobre mocheta lisas. O tímpano está decorado cunhas esculturas de trazo tenue formadas por un neno e un año. Dispón dunha ventá lateral con arco de medio punto, arquivolta de escocias, gornición de billetes e columnas dunha orde. O frontispicio culmina na parte alta cunha espadana de dous vans. Consérvanse varios canzorros.

Acceso

Saír de Chantada pola estrada LU-P-1807. A 1 km coller o desvío á dereita pola LU-P-1805. A 10 km aproximadamente continuar pola estrada LU-P-1810.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 15/12/2017
Arriba