CAPELA DE SAN VITORIO DE CAMBÁS

Relixioso
1307

Localización

Parroquia: Cambás (San Pedro)

Lugar: Os Caínzos s/n

15317  Aranga - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 33.3" N - 7º 56' 15.0" W

Descrición

Capela sen estilo definido, realizada en granito. Planta de pequenas dimensións, de forma rectangular, que conta cun pequeno adro cuberto nun lateral. Os muros son de cachotaría, con cadeirado nos esquinais. A cuberta é a tres augas con lousas de lousa, con cruz cumial rematándoa. A luz entra a través de un pequeno van nun lateral da ermida.

Acceso

Dende N-VI a Cambás no lugar de Reborica. No límite co Concello de Monfero, no punto máis septentrional do municipio, tomar o desvío a Caínzos, antes unha pista conduce á recóndita capela. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!