IGREXA PARROQUIAL DE SAN COSME DE NETE

Relixioso
1284
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Nete (San Cosme)

Lugar: O Curro

27811  Vilalba - Lugo

Coordenadas:
43º 14' 48.9" N - 7º 39' 38.0" W

Descrición

Templo de planta de cruz inmisa que data do s. XVII, con reformas posteriores. Fabricado en cachotería luosenta e granítica con reforzos graníticos en esquinais e vans, e con cuberta de lousa a dúas augas en nave e a catro en capela maior, máis alta. Dunha soa nave e con sancristía pegada en cabeceira. En frontis, espadana de dobre van (á que se accede por escaleiras de caracol polo interior da parede) e escultura de pedra do patrón: San Cosme. Interior: arco triunfal de medio punto, pavimento de laxes de lousa, retablo maior de finais do XVII e retablos laterais, un renacentista e outro da segunda metade do XVII, con varios talles antigos.

Acceso

Dende o núcleo de Vilalba collemos a estrada C-641 en dirección a Lugo, e a 4,7 Km. tomamos desvío á dereita sinalizado. A 300 metros tomamos desvío á esquerda sinalizado e a 500 metros atópase o recurso.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!