IGREXA PARROQUIAL DE SAN LOURENZO DE ÁRBOL

Relixioso
1147
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Árbol (San Lourenzo)

Lugar: Espiñarido

27818  Vilalba - Lugo

Coordenadas:
43º 17' 23.3" N - 7º 32' 29.9" W

Descrición

Templo de planta rectangular do s. XVIII que sufriu reformas posteriores. Fabricado en cachotería luosenta e granítica con reforzos graníticos en esquinais e vans, e con cuberta de lousa a dúas augas en nave e a catro en capela maior, máis alta. Dunha soa nave e con sancristía pegada ao alzado norte do presbiterio. En frontis, espadana de dobre van. Interior: arco triunfal de medio punto, retablo maior e retablo lateral con varios talles antigos. No adro, cemiterio parroquial con panteóns neogóticos de granito, tan típicos da Terra Chá, e dous cruceiros.

Acceso

Dende o núcleo de Vilalba collemos a estrada LU-120 en dirección a Meira, e a 12,3 Km. tomamos desvío á esquerda sinalizado. A 2 Km. nun cruzamento, tomamos á dereita, e a 200 metros atopa o recurso.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!