ERMIDA DA NOSA SEÑORA DA MERCEDE

Relixioso
80

Localización

Parroquia: Cervás (San Pedro)

Lugar: Chanteiro

15624  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 47.0" N - 8º 17' 57.9" W

Descrición

Segunda metade do século XIV:
Está situada moi preto da praia de Chanteiro. Pertenceu a un convento de franciscanos que estiveron no lugar durante cen anos, desde 1292 a 1392, ano no que se trasladaron ao novo convento de Santa Catarina de Montefaro.

É de estilo románico tardío, con elementos oxivais como a bóveda cruzada, os arcos apuntados da nave e os da entrada á ábsida. Os adornos dos capiteis son románicos. A fachada refíxose no século XVII, conservando o lintel da porta primitiva. A espadana é tamén do século XVII. A cita máis antiga da Virxe de Chanteiro é do século XIV, cando o arcebispo García Manrique lles concede 40 días de perdón a todos os que, devotamente e os días das festas de Santa María, peregrinen a este lugar. Esta concesión de indulxencia foi confirmada polo antipapa Benedito XII (o Papa Lúa) nunha bula de 1395. Os ferroláns estiveron peregrinando durante moitos anos a esta ermida en cumprimento do Voto de Chanteiro. Este voto foi feito ao sentírense liberados, grazas á intervención da Virxe, dunha peste fatal de cólera que se declarou na comarca no ano 1404. A noite do 28 ao 29 de xuño de 1933 un incendio destruíu os retablos; a súa restauración rematou en 1943.

Acceso

Dende Ares, seguir a estrada Ares-Chanteiro, ao chegar ao final desta atopa a capela.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 24/05/2017
Arriba