IGREXA DE SAN XOSÉ DE ARES

Relixioso
115

Localización

Parroquia: Ares (San Xosé)

Lugar: Ares

Rúa: da Igrexá

15624  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 30.0" N - 8º 14' 43.9" W

Descrición

Consta de tres naves e varias capelas. A nave principal consta de tres tramos enmarcados por senllos arcos faixóns e formeiros que encerran no seu interior unhas amplas bóvedas de aresta. Foi edificada en 1721 e en 1868 polo cardeal arcebispo García Cuesta, quen a designou igrexa matriz, quedando Santa Baia anexa a ela. O edificio foi remodelado polo arquitecto Xulio Galán Carvajal a principios do século XX. Consta dunha planta rectangular con tres naves e presbiterio cadrado, co corpo rectangular precedente. A sancristía sitúase no muro setentrional do presbiterio e o seu acceso faise a través dunha porta aberta no muro do leste. A cuberta é a dúas augas, de tella curva. No lateral esquerdo engadíuselle unha torre campanario moi sinxela.

Acceso

No núcleo urbano.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 24/05/2017
Arriba