IGREXA DE SANTA EULALIA DE LUBRE

Relixioso
269

Localización

Parroquia: Ares (San Xosé)

Lugar: Lubre

15624  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 57.9" N - 8º 15' 06.9" W

Descrición

Finais do século XV e principios do XVI:
Trátase dunha igrexa de notable antigüidade. Aparece na relación de igrexas que Afonso II lle mandou facer ao abade Tructinio no ano 830. Posúe grandes muros de pedra con enormes contrafortes, polo que as xanelas son escasas e estreitas. É dun estraño estilo gótico tardío ou de transición ao renacemento moi pouco frecuente en Galicia. Ten unha soa nave, unha ábsida cadrada e un adro diante da porta principal para se resgardar da chuvia. A porta é de arco semicircular sen adornos e un óculo con boceis na parte superior. Os arcos están adornados con molduras e os capiteis teñen lixeiros relevos. No seu interior destaca a bóveda estrelada da ábsida, de cinco claves cos nervios apoiados en columnas acobadadas nos ángulos. Os fustes son esveltos pero de rudos capiteis con sinxelos relevos. Consérvase unha lápida sepulcral con escudos que ostentan as armas de Calatrava. Foi unha igrexa refuxio que libraba os delincuentes da acción da xustiza.

Acceso

Dende Ares tomar a estrada de Ares-Chanteiro, despois de percorrer 1 km, tomar un desvío cara á esquerda e a uns 300 m está a igrexa.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 24/05/2017
Arriba