IGREXA DE SAN VICENTE DE CAAMOUCO

Relixioso
349

Localización

Parroquia: Caamouco (San Vicente)

Lugar: Curmá

15621  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 43.9" N - 8º 12' 02.0" W

Descrición

Data do século XIX e é de estilo barroco. Está dedicada a san Vicenzo Mártir. Ten  aparencia sinxela e presenta planta de cruz latina, unha soa nave aberta con bóveda de canón reforzada por arcos faixóns, e un cruceiro cuberto con cúpulas sobre cunchas. O exterior da cúpula aséntase sobre un tambor octogonal con cuberta de oito augas. A iluminación da igrexa vén dada polos vans laterais situados nas partes altas do muro do cerramento. Ten unha capela privada usada como sancristía.

Acceso

Dende Ares tomar a L-124, ata o cruce con Redes, xirar á esquerda e, a uns metros, tomar o primeiro desvío cara á esquerda, que conduce á igrexa.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 24/05/2017
Arriba