IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE BARDAOS

Relixioso
1123

Localización

Parroquia: Bardaos (Santa María)

15684  Tordoia - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 21.9" N - 8º 32' 34.9" W

Descrición

Ten unha nave de planta de cruz latina. Muros suxeitados por contrafortes. A fachada ten unha porta alintelada e un óculo ovoidal. Espadana con dobre corpo de campás.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada local en dirección a Taboíña. A pouco máis de cinco km está Bardaos. No medio da aldea tórcese á man esquerda e a uns douscentos m está a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!