IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE A RIBA

Relixioso
983

Localización

Parroquia: A Riba (San Xoán)

Lugar: San Xoán

15863  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 24.9" N - 8º 49' 01.9" W

Descrición

Construída en varias etapas, a súa traza orixinal era románica pero reconstrúese no s. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular, os muros combinan cadeirado e cachotaría graníticas, todo o conxunto está cintado en bandas de cemento cunha incisión central. Cuberta a dúas e tres augas con tellado de tella. A fachada, de cadeirado colocado a soga e tizón en fiadas, ten unha portada con arco de medio punto, unha fornela e unha ventá que se abocina cara ao exterior. Sancristía pegada ao muro Norte. A espadana ten base cuadrangular, con dous vans coroados por un cornixamento corrido, dous remates acróteros e piramidais aos lados e un pináculo no centro, sobre o que se apoia unha cruz metálica. Ten un retablo maior e dez imaxes de talle.

Acceso

Dende San Vicente, toma a estrada cara a A Castiñeira. A un km tórcese á dereita, continúase durante un km e medio. Posteriormente, tórcese á dereita e séguese un km e medio ata chegar á estrada AC-546. Cóllese esta vía en dirección a Muxía e a cinco km, en Espesedo, toma unha pista á man dereita. A dous escasos km colle outro desvío á dereita e a catrocentos metros está a Igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!