IGREXA DE SAN XIAO DE LAMAS

Relixioso
129

Localización

Parroquia: Lamas (San Xiao)

Lugar: Chao de Lamas 28

15562  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 32' 45.0" N - 8º 02' 36.9" W

Descrición

Igrexa en ámbito rural, de estilo barroco. Planta rectangular, con única nave e presbiterio. No interior, sinxeleza e sobriedade. No exterior, muros revestidos e branquexados, con ocos e arestas de cantería. Volumetría sinxela, cuberta de lousa a dúas augas. Fachada principal con pequena torre-campanario pegada, de varios corpos e rematada con tambor e cupulín.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a C-642, no km 13 seguir estrada á esquerda, aproximadamente a 800 m atopa a igrexa.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 27/04/2017
Arriba