CAPELA DA MADALENA

Relixioso
No Camiño de Santiago
176

Localización

Parroquia: San Pedro das Viñas (San Pedro)

Lugar: As Angustias

Rúa Madalena, s/n

15319  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 00.9" N - 8º 13' 08.9" W

Descrición

Capela do século XVIII. Presenta unha planta rectangular de pequenas dimensións. O interior é de gran sinxeleza. O exterior concentra a decoración na fachada principal, onde sobre un eixe vertical se superpoñen a porta alintelada, un rosetón e, rompendo a cornixa, unha sinxela espadaña dun só corpo. Segundo diversos documentos esta capela existe dende finais do século XVI, pois pertencía a un antigo hospital baixo a advocación de San Lázaro, destinado a enfermos de lepra.

Acceso

Dende o centro da cidade tomar a Avenida da Coruña, ó pasar a zona escolar atópase a capela.

Accesibilidade

Accesibilidade ás inmediacións: autobús. 
Accesibilidade ao recurso: coche, peonil.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Última actualización: 11/04/2017
Arriba