EDIFICIO DO ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

Civil
1519
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Praza de Galicia

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 44.0" N - 8º 12' 38.9" W

Descrición

Edificio situado no casco histórico da vila de Betanzos, de estilo neoclásico, construído no século XVIII (1764). Presenta unha planta rectangular onde se desenvolven dúas alturas. A fachada principal é de cantería. A composición do edificio articúlase con base, corpo principal e cornixa. O acceso á primeira planta faise a través dunha escalinata dobre con patín, que dá á porta de entrada, sobre a que se abre un óculo oval, que rompe o ritmo dos restantes elementos encadrados; sobre el, aparecen as armas de Galicia. O edificio non chegou a ser utilizado para os fins cos que se proxectou, pois foi cuartel, escola, teatro e sede de sociedade, nunca arquivo.

Acceso

No núcleo urbano.
Accesibilidade as inmediacións: autobús.
Accesibilidade ao recurso: coche, peatonal.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba