CASA DE JUSTINO NÓVOA

Civil
261

Localización

Parroquia: Eiras (Santa Ouxea)

Lugar: Eiras

32453  San Amaro - Ourense

Coordenadas:
42º 21' 11.4" N - 8º 03' 07.3" W

Descrición

Tamén coñecido como “Pazo de Eiras”, escollemos a denominación familiar por ser a máis popular e para diferencialo dos dous pazos existentes no mesmo lugar de Eiras.
Ten unha salientable labra heráldica sobre o portón que lle dá entrada ao patio, transportada nos inicios do século XX desde a Toscaña, outra casa grande familiar situada no concello veciño de Maside. Este escudo, do século XVII, está instalado nun rectangular marco pétreo.
Presenta balcón e pináculos con forma de pirámide.
Rueiro triangular entre a estrada e a entrada do pazo.
Arriba