IGREXA DE SANTIAGO DE FOLGOSO

Relixioso
866

Localización

Parroquia: Folgoso (Santiago)

Lugar: Folgoso

32766  Castro Caldelas - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 03.0" N - 7º 21' 20.0" W

Descrición

A igrexa de Santiago de Folgoso é barroca do s. XVIII, con espadaña de dous corpos; o inferior dobre e con cruz de remate. Unha soa nave e presbiterio cuadrangular, máis elevado. No seu interior alberga a imaxe de Santiago Caballero a galope sobre un mouro baixo os seus cascos e con espada na destra. Leva capa vermella e cobre a cabeza cun sombreiro de á levantada sobre a fronte. O feito de que non sexa branco supón unha contaminación da iconografía tradicional.
Arriba