A LAXE DAS LEBRES

Depósitos arqueolóxicos
189

Localización

Parroquia: Poio (San Salvador)

Lugar: A Caeira

Rúa Illa Canosa

36163  Poio - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 30.0" N - 8º 39' 38.0" W

Descrición

Sitúase nun dos outeiros de Montecelo, nos límites entre os concellos de Poio e Pontevedra. O grupo chamado Laxe das Lebres mostra 42 figuras de cérvidos, destacando un gravado que representa a dous cervos, que parecen ser un macho e unha femia, que están unidos polas pezuñas por unha liña continua e lixeiramente ondulada que acaba a poucos centímetros dun círculo con nove cazoletas no seu interior. Tamén puidese ser que se trate da representación dun cervo e o seu reflexo na auga dun río ou lago. Outras escenas representan cópulas e quizais escenas de equitación.
Arriba
Axúdanos a mellorar!