ERMIDA DA NOSA SEÑORA DA PENA DE FRANCIA

Relixioso
1311

Localización

Parroquia: O Freixo (San Xoán)

Lugar: Solloso

15576  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 33' 03.0" N - 7º 46' 59.9" W

Descrición

Edificio de planta rectangular dunha sóa nave, de muros de cachotería luosenta rebocados de branco con zócolo gris, e cuberta de lousa a dúas augas. Fundado no s. XVII polos condes de Montenegro, a imitación do convento de Nosa Señora de Pena de Francia de Salamanca. Reformado entre 1929 e 1931, consérvanse da súa primitiva fábrica dous elementos da fachada principal: o pórtico cuberto da entrada a tres augas e soportado por dúas anchas columnas circulares, así como a pequena espadaña restaurada, de sabor moi antigo. Interior: retablo neogótico con antiga imaxe de Pena de Francia, pequeno coro aos pés da nave e chan de lastras. Os veciños contan unha lenda que explicaría a orixe deste santuario, e é que había dúas irmás en Ortigueira que se levaban moi mal, polo que acabaron separándose: unha foi parar a Solloso e a outra quedou no lugar de San Sebastián, en Ortigueira.

Acceso

Dende o núcleo de As Pontes saímos en dirección a Ortigueira pola estrada AC-101. AOS 14 Km., desviámonos á dereita pola estrada local que sinaliza cara á ermida. Transcorridos non ben 2 Km., chegamos ao lugar de Solloso, onde apartamos á dereita por un acceso estreito empedrada de lousas de lousa (de 200 m.) que leva xusto ata a ermida.
Arriba
Axúdanos a mellorar!