IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE VILAVELLA

Relixioso
922

Localización

Parroquia: Vilavella (Santa María)

Lugar: A Igrexa

15328  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 24.9" N - 7º 52' 01.9" W

Descrición

Presenta planta rectangular dunha soa nave, con ábsida rectangular e un ancho pórtico cuberto soportado por dous piares no lateral esquerdo, que resgarda a porta de acceso á sancristía. Fabricada en cachotería luosenta, exceptuando o cadeirado granítico de reforzos de vans e esquinais e da fachada principal. Da edificación orixinaria do s. XIII só se conserva parte do lateral esquerdo. Frontis de estilo neoclásico con ancha porta alintelada e un ventanal abucinado de estilo románico no centro (similar aos dos muros laterais), rematando na parte superior cunha esvelta espadana de dobre oco con dúas grandes campás. Interior: arco triunfal de medio punto e retablo maior barroco con influencias churriguerescas. A actual titular da Igrexa (Sta. María) vén a substituír o seu antigo titular: Santo andrés del bosque Andrés del Bosque.

Acceso

Dende As Pontes dirixímonos en dirección Lugo pola C-641, e aos 300 metros, no cruzamento da central térmica, torcemos á dereita pola C-641 en dirección a Ferrol. A 1 ´ 6 km. atopámonos cunha glorieta, dende onde habemos de desviarnos por unha pista empedrada á esquerda que leva xusto ata a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!