CAPELA DAS VIRTUDES OU DO SOTO

Relixioso
904
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pontedeume (Santiago)

Lugar: Pontedeume

Rúa das Virtudes

15600  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 20.0" N - 8º 10' 06.9" W

Descrición

A capela da Virxe das Virtudes, recibe tamén o nome do Soto. Por un lintel, único resto gótico da capela, sábese que foi mandada construír por Nuno Freire de Andrade en 1378. Foi un centro de devoción popular e o seu adro serviu de lugar de enterramento de pobres, práctica que foi prohibida polos mandatos eclesiásticos até 1599, momento no que o arcebispo Juan de S. Clemente consagra o chan que rodea á igrexa para tal fin. 
No século XVII (entre 1672 e 1680), o indiano Andrés Copeiro y Parga, patrocina a reedificación da igrexa. As obras supuxeron a ampliación da mesma tanto ao largo coma ao ancho, a edificación da fachada, a cubrición rematada en bóveda, así como cinco fiestras, a sacristia e dous altares colaterais, sobre unha planta de cruz latina. 
A fachada principal concentra toda a decoración, cunha ampla porta de entrada, de moldura acoutada e flanqueada por semi pilastras.
En 1817, segundo unha inscrición, debeuse construír a espadana, dobre, de características neoclásicas e rematada por un frontón curvo, partido no seu centro. 
No seu interior, destaca un magnífico retablo barroco do século XVIII e columnas salomónicas, profusamente decoradas.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba