ANTIGO PAZO DO ARCEBISPO RAJOY

Civil
827
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pontedeume (Santiago)

Lugar: Pontedeume

Rúa: Real

15600  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 22.9" N - 8º 10' 13.9" W

Descrición

O arcebispo eumés Bartolomé Rajoy e Losada, construíu o seu pazo xunto á praza do Pan, na que fora a casa de seu pai, o boticario, Nicolás Rajoy. 
Asinado a Alberto Ricoy, datándose a súa construción entre 1766 e 1767, na súa fachada conviven elementos da escola compostelana con outros novos, máis clasicistas, de influencia francesa.
Do edificio orixinal só se conserva a fachada, sobre a que destaca un remate co escudo de armas do eclesíastico. Está composta de tres pisos: un baixo con soportais, dous pisos con balcóns; pilastras de orde xigante percorren a fachada dende a base até o remate en cornixa con molduras. 

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba