IGREXA DE SANTA MARÍA DE CENTROÑA

Relixioso
1097
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Centroña (Santa María)

Lugar: Centroña

15607  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 34.9" N - 8º 11' 36.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, realizada no século XVIII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. O espazo correspondente ao presbiterio posúe maior altura que a nave, realzando así o efecto da súa superioridade simbólica. Aos pés da nave sitúase un coro alto.

Exteriormente, a fachada principal concentra os escasos elementos de decoración. No seu eixe vertical central superpóñense unha porta rectangular rematada por un lintel en arco de medio punto rebaixado, un pequeno oco rectangular e, interrompendo a cornixa, a espadaña dobre rematada en pináculos con bóla. Mostra un grande xogo volumétrico. Os muros, de carga, están revestidos e pintados de branco, exceptuando os esquinais e recerco de ocos, que teñen pedra á vista. Cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba