IGREXA DE SAN COSME DE MAIANCA

Relixioso
1472

Localización

Parroquia: Maianca (San Cosme)

Lugar: Maianca

15177  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 10.0" N - 8º 19' 25.9" W

Descrición

Interesante igrexa prerrománica de pequenas dimensións, realizada en granito. Fálase de data anterior ao século X para a súa construción, que se observa no acceso que permite o paso á ábsida interior, coroada por dúas columnas primitivas con capiteis robustos, que sustentan unha arco semicircular. No exterior obsérvase un nártice porticado, un pequeno pórtico e un campanario lateral, de planta cuadrangular.

As lendas populares falan da posible chegada de Almanzor no 997 d.C e que deu de beber ó seu cabalo na pila bautismal deste templo.

Acceso

Dende Oleiros toma a estrada cara a Mera. Pasada Cabreira, toma desvío á dereita cara a Maianca, onde está a igrexa parroquial.
Arriba
Axúdanos a mellorar!