SANTUARIO DOS MILAGROS

Relixioso
1056

Localización

Parroquia: Couso de Salas (Santiago)

Lugar: Couso de Salas

32899  Muíños - Ourense

Coordenadas:
41º 58' 05.0" N - 7º 54' 38.0" W

Descrición

Santuario que se comezou a construír a comezos do século XIX coa grandeza e estilo de Santa Eufemia de Ourense, quedando sen concluír. A tradición popular asegura que os franceses non se atrevían a pasar deste santuario. A arquitectura, malia estar inacabada, chegando a construción ata o arranque dos arcos da bóveda, mostra a grandiosidade coa que foi planificada. O edificio constaría de tres naves, maior a central, comunicada coas laterais con arcadas e articulada con pilastras nas que se asenta o arranque de arcos formeros. A plana complétase con cruceiro e capelas a ambos os dous lados do presbiterio.
O retablo maior organiza a súa iconografía en exaltación da Virxe, rodeada de anxos. A inspiración é a débeda coa obra de Domingo de Andrade no baldaquino da capela de San Cristo da catedral de Ourense, é patente nos dous grandes anxos que en posición inclinada simular soster sobre os seus ombros a pesada carga da estrutura de madeira. Consta o retablo dun corpo con fornela, que alberga a pequena imaxe da Virxe titular, entre columnas corintias, e relevos a ambos os dous lados da Anunciación e Asunción da Virxe.
Arriba