EDIFICIO ESCOLA EN PIÑEIRO

Civil
829

Localización

Parroquia: Piñeiro (San Cosme)

Lugar: Mosende

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 41.0" N - 8º 02' 47.9" W

Descrición

?Edificio de estilo indiano, construído no século XX (1928). Dispón dunha planta cuadrangular onde se desenvolven dúas alturas, cunha estrutura moi simétrica. Accédese por unha dobre escalinata semicircular a unha porta alta flanqueada por dous vans rectangulares coroados por unha decoración en laxas. Na parte superior da porta destaca un balcón incluído no muro, que remata nun arco de medio punto. A cornixa ten unha decoración de taqueado e a continuación un frontón curvo. Todo o edificio mostra un almofadado e pilastras que percorren os dous pisos. Funcionou como escola nacional ata o ano 1964, data na que caeu en desuso. Actualmente é utilizada por asociacións do concello.

Acceso

Dende Cedeira, tomar a C-646 cara a Piñeiro, e a pouca distancia áchase a escola.
Arriba
Axúdanos a mellorar!