IGREXA DE SANTALLA DE CERVO

Relixioso
200

Localización

Parroquia: Cervo (Santalla)

Lugar: Ledín

15357  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 06.0" N - 8º 02' 29.0" W

Descrición

Igrexa de formigón, de estilo ecléctico, construída a principios do XX (1916). Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave, con dúas pequenas capelas laterais. Interiormente os muros laterais están percorridos por pilastras. Destacan os retablos neogóticos que presiden a ábsida. No exterior ábrense vans neogóticos cunha decoración superior de cabezas de anxos alados. A ornamentación concéntrase na fachada principal, que aparece dividida en tres lenzos, por medio de dúas molduras de resalte. No corpo principal inscríbese a porta de acceso, cun sinxelo xogo de de molduras, coroada por unha pequena cruz. Sobre ela un óculo dá paso á torre campanario, composta por catro machóns que configuran arcos apuntados sobre os que se sitúa unha cúpula piramidal que posúe no seu vértice unha pequena cruz. Os muros están revogados e pintados de branco e gris, agás esquinais e recerco de vans, que mostran a pedra á vista.

Acceso

Dende Cedeira tomar a estrada cara a Santo André de Teixido e a continuación seguir en dirección Cervo.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 08/01/2018
Arriba